Comunidade / Mediación

Un espazo para que escolas, museos, asociacións e comunidades traballen a partir de LSYTSDA, do seu arquivo e dos materiais e creacións que xorden do proxecto.

Tondos de madeira no tallerConversa durante unha gravaciónEquipo de gravación e entrevistaTraballo con pintura e proxección no estudoEntrevista con cámara e cromaPreparación e gravación dunha entrevista

Unha aproximación a LSYTSDA

01 / 07
Vista da sala, cos paneis de retratos e a proxección ao fondo

Lo siento, yo tampoco soy de aquí

Un ensaio visual sobre a mobilidade humana. Natasha Lelenco · Sala Alterarte.

Continuación da vista da instalación

A moeda

O seu valor reside no sistema colectivo que a sostén. O proxecto sitúa persoas migrantes no lugar da cara da moeda, historicamente reservado a figuras de poder.

Retratos dispostos en filas na sala

A multitude

A disposición xeométrica organiza os rostros por afinidades visuais. Desde a distancia, a repetición dilúe as identidades.

Detalle dun retrato pintado e da súa inscrición na sala

Achegarse implica atención, e tempo

Cada retrato parte dunha entrevista. A pintura e a inscrición conservan a singularidade dese encontro.

Retratos iluminados na instalación audiovisual

O coro

Cando alguén entra na sala, a proxección activa o panel de moedas brancas do fondo. A instalación audiovisual reúne fragmentos das entrevistas nunha composición coral.

Vista do arquivo dixital, con retratos e entrevistas

Un arquivo en construción

Cada ficha relaciona o retrato coa entrevista. O arquivo medra coas sucesivas fases do proxecto.

Explorar o arquivo ↗
← Inicio